
II Trail Castelo de Moeche
O Club de Montaña Moeche organiza o “II Traile Andaina Castelo de Moeche”. A proba terá lugar o domingo 14 de novembro de 2021 dende as 10:00 hs con saída e chegada nas inmediacións do Castelo de Moeche, na parroquia de San Xurxo.
- O Trail é una carreira de montaña de carácter popular que discorre por sendas, pistas e montes do val do Concello de Moeche. A distancia é de 16 kms e un desnivel positivo de 750 m.
- A Andaina é unha proba non competitiva de carácter popular que discorre por parte do percorrido do Trail. A distancia aproximada é de 12 kms cun denivel de 500 m.