
VII TRAIL/ANDAINA DE CELA BUEU 2022
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes organiza o domingo 23 de xaneiro o VII Trail de Cela .
Ademais do trail tamén se realizará unha andaina competitiva. As probas, tomarán a saída na zona do Igrexario da parroquia de Cela (Bueu)con os seguintes horarios: as 10:05 para a andaina e ás 10:00 para o trail.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.
Haberá dúas probas:
A carreira de montaña, cunha distancia de 24 km.
A andaina cun percorrido de 16 km.